top of page

Unha viaxe alucinante é un proxecto interdisciplinar no que se traballa integrando as diferentes competencias clave. Os contidos das áreas de Ciencias Sociais e Ciencias da Natureza son a base sobre a que xiran outros contidos e obxectivos. Sobre este formato “gamificado” traballaremos de maneira individual e grupal, crearemos equipos que participarán no proxecto cunha metodoloxía cooperativa e que deberán crear diferentes tipos de documentos e materiais ao longo do curso. Por medio deste estilo de traballo conseguimos un alto grao de participación, responsabilidade e motivación así coma unha atención á diversidade e inclusión moi significativas. Isto xunto co formato gamificado e o uso das TICs, fai que a experiencia sexa divertida, que teña un contexto significativo e que sexa motivo de esforzo por conseguir os obxectivos propostos da mellor maneira posible.

  Descrición do proxecto  

bottom of page